magnetosfera
magnetosfera
(< magneto- + -(e)
s
f
[METEOR]
Capa superior da atmosfera da Terra, situada por riba dos 1.000 km de altitude, entre a ionosfera e a magnetopausa, ata onde chega a influencia do magnetismo terrestre. Componse polos electróns e protóns do vento solar e da radiación solar captados polo magnetismo terrestre. Distínguense dous aneis de radiación forte, denominados cinturóns de radiación de Van Allen, cara aos 4.000 e os 15.000-20.000 km, respectivamente.