magnetostática
magnetostática
(< magneto- + estática)
s
f
[FÍS]
Parte da física que se ocupa do estudo dos campos magnéticos orixinados por imáns permanentes e por electroimáns percorridos por correntes continuas. C. A. Coulomb enunciou a lei, análoga á da electrostática, sobre a forza de tracción dos polos magnéticos.