magnoliáceo -a

magnoliáceo -a

(< lat científico Magnolia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás magnoliáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das magnoliáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas arbóreas ou arbustivas, da orde das ranais, de follas simples, alternas e xeralmente enteiras, flores terminais, solitarias, hermafroditas, acíclicas, con pezas periánticas a miúdo numerosas e con xineceo súpero e froito en plurifolículo ou en plurinúcula. Son naturais de Asia, Insulindia e América.

Palabras veciñas

magnolia | Magnolia | Magnolia | magnoliáceo -a | magnolio | magnoliofitino -na | Magnum, Axencia