magnolio

magnolio

(< magnolia)

Nome científico: [Magnolia grandiflora, Fam das magnoliáceas]
s m [PLANTA]

Árbore de ata 30 m de altura, follas perennes, alternas, pecioladas e enteiras de cor verde intenso, flores moi grandes de cor branca, solitarias na terminación das ramas, moi recendentes, e froito oval. Florece de maio a xullo. É natural do sueste de EE UU, e é moi apreciado como árbore ornamental. Existen diversas variedades entre elas M. grandiflora var. lanceolata e M. grandiflora var. gloriosa.