Magreb
Magreb
  
  
        
  
  
  
  
        Rexión natural do NO de África que se estende por Marrocos, Alxeria e Tunisia, entre o Mediterráneo e o Sáhara, aínda que en sentido amplo tamén pode estenderse a Mauritania e Libia. De características mediterráneas, está formada por un conxunto de terras altas, que comprenden a cordilleira de Atlas, o altiplano marroquí e as chairas alxerianas. Foi habitada por poboación bérber e islamizouse no s VII. Fraccionouse en diversos estados autónomos a partir do afundimento abbásida.
