Maia
Maia
[MIT]
Deidade primitiva romana, esposa de Vulcano, co que tivo os lares. Personificación do espertar da natureza e relacionada coa fecundidade, os romanos dedicábanlle o mes de maio, ao que deu nome. Tardiamente relacionouse coa Maia grega e pasou a ser a nai de Mercurio.