Maillol, Aristide

Maillol, Aristide

Escultor e pintor francés. Formouse na École des Beaux-Arts de París (1881) e formou parte do grupo dos nabís. Influído polo modernismo e Chavannes, Cézanne e Gauguin, fixo Les Lavandières (1893) e Femme à l’ombrelle (1896). Seguiu o espírito dos Arts and Crafts, practicou a tapicería, e   a cerámica, desde 1896 dedicouse   á escultura. Influído por Rodin, despois dunha viaxe a Grecia (1908) adoptou o canon clasicista, e tratou o tema da muller núa en Pomona (1907-1910), Flore (1912), Vénus au collier (1924-1930), Les Trois Nymphes (1930-1937) e La Rivière sans socle détail (1939-1943).Das esculturas masculinas destacan o busto de Renoir (1907), Le cycliste (1908) e   Monument aux morts (1933). En 1964 unha selección da súa obra foi feita en bronce e colocada nos xardíns das Tulleries de París. Adicouse tamén á ilustración de libros.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Banyuls

  • Deceso

    Lugar : Mer

  • Deceso