maimiño -ña

maimiño -ña

(< lat *miniminu, dim de minimu)

    1. adx

      Que é brando, tenro ou de pequeno tamaño.

      Ex: Ó neno caéronlle os dentes maimiños.

    2. corno maimiño

      Corno que lles queda aos animais cando lles cae o casco de fóra.

    3. espiga maimiña

      Mazaroca de millo que non ten todos os grans.

  1. adx

    Que é fino e case transparente.

    Ex: O veo era dun tecido maimiño e suave.

  2. adx e s m

    Aplícase ao quinto dedo, o máis pequeno, da man ou do pé.

    Sinónimos: moumiño.

Palabras veciñas

Mailoc | Mailoce | Maiman, Theodore Harold | maimiño -ña | Maimon, Salomon | Maimónides | Main