Main

Main

Río de Alemaña, un dos afluentes máis importantes do Rin. Nace na vertente SO da Selva de Franconia e discorre en dirección L-O entre os terreos sedimentarios de Alemaña central. Desemboca en Maguncia, despois de 524 km de percorrido, pola dereita do Rin. Está canalizado a maior parte do seu curso e é unha importante vía de comunicación.