Maino, Juan Bautista

Maino, Juan Bautista

Pintor e relixioso dominicano. Encadrouse dentro da escola realista madrileña do s XVII. En Italia estivo en contacto co ambiente artístico romano e lombardo, e coñeceu a obra de Caravaggio. Cara a 1620, foi profesor de debuxo do futuro Filipe IV. Participou nas decoracións do Salón de Reinos do Palacio del Buen Retiro con Reconquista de la bahía del Brasil. Pintou La adoración de los pastores (1611) e Adoración de los Magos (1611-1613).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pastrana

  • Deceso

    Lugar : Madrid