2 mal

2 mal

(< lat male)

  1. adv

    De xeito incorrecto ou indebido.

    Ex: Fixemos mal os exercicios.

    Antónimos: ben.
  2. adv Antónimos: ben.
    1. De maneira inadecuada ou non satisfactoria.

      Ex: Este forno coce mal o pan.

      Antónimos: ben.
    2. De xeito desagradable.

      Ex: O vertedoito cheira mal.

      Antónimos: ben.
    3. De xeito desfavorable, de maneira que dana ou prexudica.

      Ex: Falou mal de nós na parroquia.

      Antónimos: ben.
    4. Con mala saúde.

      Ex: Púxose mal o luns e tivo que quedar na cama.

      Antónimos: ben.
  3. adv

    De forma incompleta ou escasa.

    Ex: As verzas están mal cocidas.

    Antónimos: ben.
  4. adv

    Con dificultade.

    Ex: Mal pode chegar se non sabe o camiño.

Frases feitas

  • Tomar a mal. Ofenderse con alguén por algo que dixo ou fixo.

  • Estar/Poñerse/Quedar a mal. Estar enfadado con alguén.

Palabras veciñas

Makteïr | Makurdi | 1 mal | 2 mal | 3 mal | 4 mal | Mal de Vizoso, Enrique