malabar

malabar

(< topónimo Malabar)

  1. adx e s

    malabárico.

  2. rito malabar [RELIX]

    ariante do rito caldeo, propio da rexión de Malabar. Latinizado durante a dominación portuguesa, sobre todo co Sínodo de Diamper (1599), Roma prohibiuno no s XVIII e non se restaurou e depurou ata o s XX.

  3. xogos malabares

    Exercicios de habilidade e destreza que se practican como espectáculo, e que consisten en lanzar ao aire bólas ou outros obxectos e collelos de maneira que non caian ao chan.

Palabras veciñas

Mal Meao | Mal Paso | Mal Paso | malabar | Malabar | malabárico -ca | malabarismo