Malabar
Chaira litoral situada ao SO de India. Esténdese desde o territorio de Goa ata o cabo Comorin, polos estados de Karnātaka e Kera Palatino; ḷ a. É unha rexión calorosa e húmida, e a primeira en recibir os ventos monzónicos, a comezos de xuño. As actividades principais son a pesca e o cultivo de especias. A mediados do s IV chegou un grupo de cristiáns, procedentes seguramente de Mesopotamia, que se estableceron na rexión e fundaron unha igrexa dependente da igrexa siria oriental, nestoriana. O sometemento desta rexión ao dominio de Portugal obrigou a esta comunidade a pasarse ao catolicismo. Pouco tempo despois un grupo importante destes cristiáns someteuse á obediencia do patriarca xacobita de Antioquía, o que supuxo o nacemento da Igrexa xacobita de India, xunto aos cristiáns denominados malabares.