Málaga
Málaga
Provincia da Comunidad Autónoma de Andalucía, integrada por 100 municipios (7.276 km2; 1.287.017 h [2001]). A súa capital é Málaga. O seu relevo está marcado polas serras Subbéticas e a depresión de Antequera ao N, a serra de Ronda ao O, e as depresións litorais de Vélez-Málaga e Málaga no centro da provincia. O sector primario ten pouca importancia, ao igual que a industria, debido ao proceso de transformación cara unha economía cada vez máis centrada no sector sevicios. Destacan sobre todo a hostalería, o comercio e a construción, ligados á importante actividade turística da zona.