malaio -laia
(< xavanés malayu)
-
adx e s
malaisiano.
-
-
adx
Relativo ou pertencente á península de Malacca ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante da península de Malacca.
-
adx
-
[ETN]
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo malaio.
-
s
Individuo do pobo malaio.
-
s
m pl
Pobo orixinario da rexión chinesa de Yunnan que se estendeu por Malaisia, Indonesia, Insulindia e as illas da Sonda entre o 2500 a C e 1500 a C. Ocuparon preferentemente as áreas rurais e practicaron o cultivo de arroz, a pesca e a gandería. A súa organización social estaba formada por clans e presentaba unha estratificación de tipo feudal.
-
adx
-
s
m
[LING]
Lingua da familia malaio-polinesia do phylum áustrico, que se fala en Malaisia, Indonesia e diversos lugares de Asia sudoriental. As primeiras inscricións datan do s VII, e encontráronse en Sumatra. É unha lingua comercial e de uso xeral nas comunicacións da rexión do Pacífico e nalgunhas zonas da India, mantén unha gran coherencia debido á súa simplicidade. Sérvese de dúas escrituras: a xavanesa, adaptación do alfabeto árabe que foi introducido no s XIII debido á penetración da relixión e a cultura islámicas, e a escritura latina, introducida polos colonizadores europeos. Ten unha estrutura morfolóxica aglutinante, con numerosos préstamos do árabe, do portugués, do persa, do neerlandés e do sánscrito.
-
literatura malaia
[LIT]
Literatura desenvolvida en lingua malaia, nos actuais estados de Malaisia e Indonesia. A súa literatura tradicional e popular desenvolveuse en prosa e verso. Os primeiros versos apareceron ao redor de 1350. Posteriormente destacan Hikayat Raja-Raja Pasai (Historia do raxá de Pasai) e Sějarah Mělayu (Anais malaios), do s XV, obra principal nesta literatura. Co tempo apareceron as formas estróficas sha’er, clásica e libre, cultivadas cara ao s XIX, e o pantum, máis regular, que se cantaba a miúdo acompañado de instrumentos. Recibiu influencias do budismo e do hinduísmo, e, máis tarde, do Islam. O primeiro prosista moderno foi Munshi ‘Abdullah (1796-1854). Muhamnad Yamin (1903-1962) foi o introdutor do soneto en Indonesia.