Malaquías
Malaquías
[ONOM]
Antropónimo que procede do hebreo Mal’akí ‘o meu mensaxeiro’ e que pasou ao grego e ao latín como Malachias. A festividade de san Malaquías de Armagh (1094-1148), primado de Irlanda, celébrase o 3 de novembro.