maleabilidade

maleabilidade

(< maleable)

s f [IND]

Propiedade dun material de deformarse dunha maneira permanente en forma de láminas, pola acción dun esforzo externo. É unha propiedade característica de moitos metais: ouro, prata, cobre, cinc, chumbo ou ferro. Os esforzos que dan orixe á deformación son esforzos de compresión, que poden ser producidos mediante un martelo, unha prensa ou a presión de dous cilindros. A maleabilidade, como a dutilidade, é función da curva de esforzo-deformación. Nun metal, aumenta coa temperatura.

Palabras veciñas

Maldras | Male | Mâle, Émile | maleabilidade | maleabilización | maleabilizar | maleable