maleabilización
maleabilización
(< maleable)
s
f
[IND]
Tratamento térmico de recocido de arrefriamento lento que se realiza sobre as fundicións brancas e fráxiles para aumentar a súa maleabilidade. Efectúase nunha atmosfera oxidante e a 1.000 - 1.050°C prodúcese unha disociación da cementita en ferro e carbono, que queda en forma de módulos ou esferas de grafito no interior da peza, á vez que se produce unha descarburación superficial (fundición maleable branca). Nunha atmosfera neutra e a 900 - 1.000°C, todo o carbono queda en forma de grafito e dá á fundición unha cor negra (fundición maleable negra).