Malinas, Juan de

Malinas, Juan de

Escultor. De orixe flamenga, traballou en España o estilo gótico, que se reflectiu no cadeirado do coro da catedral de León (1467), que despois continuou Diego Copín de Holanda. Na catedral de Oviedo realizou as esculturas da porta do Rei Carlos en 1478.