Mallarmé, Stéphane

Mallarmé, Stéphane

Poeta. O descubrimento da obra de Baudelaire e de Edgar Allan Poe determinou a súa vocación. Definiu a súa estética persoal no feito de non definir o obxecto, senón o efecto que o obxecto produce.   Progresivamente reaccionou contra o Parnaso, algo que, xunto con Verlaine, fixo que se convertera en guía dos poetas de vangarda, coñecidos como simbolistas. A súa influencia advírtese en Valéry, Apollinaire e na máis moderna literatura. Moi coidadoso na forma e ambicioso intelectualmente, é autor de Hérodiade (1869), Après-midi d’un faune (1874), Album de vers et de prose (1888), Pages (1891) e Un coup de dés jamais n’abolira le hasard (1897).

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Valvins, Seine

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso

    Lugar : Marne