mallo
mallo
(< lat mallĕu ‘martelo’)
-
s
m
Instrumento empregado para mallar os cereais, composto por dúas pezas de madeira de diferente tamaño unidas por unha correa. Agárrase pola peza máis longa, a moca, e golpéase coa máis curta, a pértega.
Sinónimos: malle, manle, manlle. -
s
m
Martelo de madeira de diferentes tamaños.
Sinónimos: malle, manle, manlle. Confrontacións: mazo. -
s
m
[TECNOL]
Máquina que se emprega para traballos de deformación de metais e que consiste nunha base ou engra, unha masa móbil e un sistema de accionamento por medio dun fluído que fai que a masa golpee o engra. Os mallos poden ser de simple efecto, ou de caída libre, se a enerxía da masa móbil se produce unicamente polo seu propio peso no traxecto de caída; ou de dobre efecto, se a enerxía de caída se une á outra, comunicada externamente mediante vapor ou aire comprimido.