mazo
mazo
(< maza)
-
s
m
Martelo de madeira que pode ser de diferentes tamaños.
Sinónimos: malle, mallo, manle, manlle. -
s
m
Instrumento para mazar o liño.
Sinónimos: maza, mazadoiro. -
s
m
Instrumento para mazar o leite que ten no extremo do mango unha roda.
Sinónimos: maza, mazarelo, mazarico, rodela, rolete. -
s
m
Martelo grande que usa o ferreiro para estirar o ferro.
-
mazo carreiro
[ETN]
Ferramenta para axustar as rodas do carro ao eixe cando estas están frouxas.
-
mazo de ferreiro
[ETN]
Artiluxio que se emprega para moldear ou bater o ferro, que consta dunha roda hidráulica que lle transmite o movemento de rotación á árbore, e que leva unhas pezas que tropezaban alternativamente co cabo do mango, facendo que o mazo se levante e golpee enriba da engra.
-
mazo do eixe
[ETN]
Peza do carro coa que se asegura a cuña que se pon nas rodas.