mazo

mazo

(< maza)

  1. s m

    Martelo de madeira que pode ser de diferentes tamaños.

    Sinónimos: malle, mallo, manle, manlle.
  2. s m

    Instrumento para mazar o liño.

    Sinónimos: maza, mazadoiro.
  3. s m

    Instrumento para mazar o leite que ten no extremo do mango unha roda.

    Sinónimos: maza, mazarelo, mazarico, rodela, rolete.
  4. s m

    Martelo grande que usa o ferreiro para estirar o ferro.

  5. mazo carreiro [ETN]

    Ferramenta para axustar as rodas do carro ao eixe cando estas están frouxas.

  6. mazo de ferreiro [ETN]

    Artiluxio que se emprega para moldear ou bater o ferro, que consta dunha roda hidráulica que lle transmite o movemento de rotación á árbore, e que leva unhas pezas que tropezaban alternativamente co cabo do mango, facendo que o mazo se levante e golpee enriba da engra.

  7. mazo do eixe [ETN]

    Peza do carro coa que se asegura a cuña que se pon nas rodas.

Palabras veciñas

mazdeísta | Mazepa, Ivan Stefanovič | mazmir | mazo | Mazo | Mazo, O | Mazo, O