maza
(< lat v *mattĕa)
-
s
f
[BÉL]
Arma antiga e contundente que consistía nun bastón, xeralmente de ferro, que contaba cun extremo groso e pesado, e ás veces con prominencias aguzadas, co que se golpea, e outro extremo máis estreito polo que se agarra.
-
s
f
-
Instrumento constituído xeralmente por un pau e unha peza redonda e dura nun dos extremos, con forma semellante á dun martelo, e que se emprega en diferentes oficios para machucar, dobrar ou aplanar algunha cousa.
-
Utensilio que consiste nun pau cunha parte grosa nun dos seus extremos, que se usa para mazar ou espadelar o liño e outros cereais.
Sinónimos: mazo. -
Instrumento que consiste nun pau rematado nunha peza máis gorda e arredondada nun dos seus extremos, e que se emprega para mazar o leite e separarlle a manteiga.
Sinónimos: mazarelo, mazarico, mazo, rodela, rolete. -
Martelo grande composto dunha peza de ferro de sección octogonal e lixeiramente afiada e dun mango delgado e longo que se emprega para picar a pedra.
-
Martelo grande de madeira ou de ferro.
Confrontacións: mazo. -
[TECNOL]
Peza dos martelos mecánicos que consiste nun bloque pesado de madeira ou de ferro que, guiada por dous raís, se deixa caer sobre unha estaca para clavala.
-
-
s
f
[MÚS]
Elemento composto por unha peza de forma esférica, cun mango, xeralmente forrada de pel ou dalgún tipo de tea, que se emprega para tocar o bombo.
-
s
f
Insignia que consiste nun bastón coa parte superior de ouro ou de prata, que portan os maceiros en determinados actos de grande solemnidade diante de altos cargos políticos.
-
s
f
[DEP]
Instrumento de forma alongada que remata nunha parte máis ancha e pesada, que se emprega nos exercicios de ximnasia rítmica.
-
s
f
[XOGO]
Parte máis grosa do taco do billar.
-
s
f
[ENTOM]
Avultamento formado polos últimos artellos das antenas dalgúns insectos, por exemplo os lepidópteros ropalóceros.
Refráns
- Maceiras na horta, rapaces á porta.
- Mazá, troita e muller, que sexa fresca, se pode ser.