maza

maza

(< lat v *mattĕa)

  1. s f [BÉL]

    Arma antiga e contundente que consistía nun bastón, xeralmente de ferro, que contaba cun extremo groso e pesado, e ás veces con prominencias aguzadas, co que se golpea, e outro extremo máis estreito polo que se agarra.

  2. s f
    1. Instrumento constituído xeralmente por un pau e unha peza redonda e dura nun dos extremos, con forma semellante á dun martelo, e que se emprega en diferentes oficios para machucar, dobrar ou aplanar algunha cousa.

    2. Utensilio que consiste nun pau cunha parte grosa nun dos seus extremos, que se usa para mazar ou espadelar o liño e outros cereais.

      Sinónimos: mazo.
    3. Instrumento que consiste nun pau rematado nunha peza máis gorda e arredondada nun dos seus extremos, e que se emprega para mazar o leite e separarlle a manteiga.

      Sinónimos: mazarelo, mazarico, mazo, rodela, rolete.
    4. Martelo grande composto dunha peza de ferro de sección octogonal e lixeiramente afiada e dun mango delgado e longo que se emprega para picar a pedra.

    5. Martelo grande de madeira ou de ferro.

      Confrontacións: mazo.
    6. [TECNOL]

      Peza dos martelos mecánicos que consiste nun bloque pesado de madeira ou de ferro que, guiada por dous raís, se deixa caer sobre unha estaca para clavala.

  3. s f [MÚS]

    Elemento composto por unha peza de forma esférica, cun mango, xeralmente forrada de pel ou dalgún tipo de tea, que se emprega para tocar o bombo.

  4. s f

    Insignia que consiste nun bastón coa parte superior de ouro ou de prata, que portan os maceiros en determinados actos de grande solemnidade diante de altos cargos políticos.

  5. s f [DEP]

    Instrumento de forma alongada que remata nunha parte máis ancha e pesada, que se emprega nos exercicios de ximnasia rítmica.

  6. s f [XOGO]

    Parte máis grosa do taco do billar.

  7. s f [ENTOM]

    Avultamento formado polos últimos artellos das antenas dalgúns insectos, por exemplo os lepidópteros ropalóceros.

Refráns

  • Maceiras na horta, rapaces á porta.
  • Mazá, troita e muller, que sexa fresca, se pode ser.