Maza, pazo da
Maza, pazo da
Construción situada en Nantes (Sanxenxo). Ten planta rectangular con baixo e un piso ao que se accede desde un patio do que saen dúas escaleiras de pedra exteriores. Na parte L conserva unha galería aberta e na fachada destacan dúas ventás entre as que se sitúa un escudo con armas dos Maza, Fonseca e Camba.