mazá
(< lat Mattiāna mala ‘variedade de mazá’)
-
-
s
f
[BOT/ALIM]
Froito comestible da maceira de tipo pomo. Ten forma esferoidal ou máis ou menos redondeada, cun diámetro comprendido entre os 3 e os 10 cm, de carne branca e pel fina de cor amarela, verde ou vermella. É comestible, de sabor máis ou menos acedo e a partir dela obtense a sidra e outras bebidas. Recibe diversos nomes segundo a súa cor, dimensións ou sabor. Consérvase moi ben e ten propiedades laxantes.
Sinónimos: mazán. -
mazá ceboleira AGR
[AGR]
ariedade de mazá agridoce de maduración serodia e de cor amarela ou rubia.
-
s
f
[BOT/ALIM]
-
mazá da discordia
[MIT]
Mazá de ouro que Éride (a Discordia) propuxo como premio para a máis fermosa das deusas. A decisión correspondeulle a Paris, que debía elexir entre Atenea, Hera e Afrodita. Esta última ofreceulle o amor de Helena e Paris escolleuna como a máis fermosa. A partír deste xuízo orixinouse a Guerra de Troia.
-
mazá da perna
[ANAT]
barriga da perna.
-
mazá de Adán
[ANAT]
noz.