Maza, pazo da

Maza, pazo da

Construción situada en Lugo. Foi feito en 1724 e concebiuse como pazo dependente da casa principal dos Felpás, situada en Rábade. Destinouse a casa materno infantil, e no s XX ocupouno o doutor Lomas, polo que se coñeceu tamén como casa Lomas. A mediados do s XX Francisco Martínez Vegas mercoullo a Pedro Barrié de la Maza e porteriormente reconstruíuse segundo un proxecto do arquitecto González Trigo, que o converteu nun centro comercial. Durante as obras descubriuse unha calzada romana, que pasa por debaixo do edificio e que se conserva in situ. Na fachada destacan dous escudos coas armas dos Montenegro, Pardo, Aguiar, Seixas, Saavedra, Guntín, Andrade, Salgado e Enríquez.