mazarico
-
[ANIMAL/ORNIT]
-
s
m
Nome que reciben varias especies do xénero Numenius, Plegadis e Limosa, como L. limosa (mazarico rabinegro) e L. lapponica (mazarico rabipinto), que se poden observar en Galicia nas zonas costeiras invernando ou aniñando localmente. Os mazaricos teñen o peteiro fino, longo e curvado cara a abaixo, e patas longas
Sinónimos: zarapico. -
mazarico curlí [cast: zarapito real] [Numenius arquata, Fam dos escolopácidos]
Ave de 53-58 cm, que presenta cor parda pero con listas no peito máis escuras, peteiro máis longo nas femias que nos machos, e patas cincentas. Cría en toda Europa, en España pode atoparse en Asturias, Doñaña e Galicia, e aliméntase de moluscos, crustáceos, e outros invertebrados.
-
mazarico galego [cast: zarapito trinador] [Numenius phaeopus, Fam dos escolopácidos]
Ave duns 41 cm, con pencas escuras e pescozo e peito con liñas lonxitudinais. Non presenta dimorfismo sexual, habita en dunas e marismas, e aliméntase de insectos, miñocas e moluscos. En Galicia é un ave invernante e pode atoparse por todas as zonas costeiras.
-
mazarico mouro [cast: morito] [Plegadis falcinellus, Fam dos tresquiornítidos]
Ave de patas, peteiro e rabo longo, plumaxe moi escura con reflexos metálicos verdes, que vive en lugares húmidos e non presenta dimorfismo sexual. Cría desde o S da Península Ibérica ata Asia, e en Galicia pode atoparse de forma excepcional.
-
mazarico pequeno [cast: zarapito fino] [Numenius tenuirostris, Fam dos escolopácidos]
Ave caradriforme, de 40 cm, que presenta manchas cordiformes no peito e costas, e o ventre blanco e non posúe dimorfismo sexual. Habita en marismas, e areais, aniña en Asia e inverna no N de África, polo que pode ser observada cando migra a algúns países europeos.
-
s
m
-
s
m
Instrumento para mazar o leite e obter así a manteiga.
Sinónimos: maza, mazarelo, mazo.