Mallorca, Taifa de

Mallorca, Taifa de

Taifa independente que comprendía as Illes Balears, constituída entre 1076 e 1078 como consecuencia da derrota dos Banū Muğāhid de Denia ante o rei de Zaragoza al-Muqtādir. Posteriormente comezou un segundo período independente (1158-1203). Mallorca, refuxio e centro da causa almorábide andaluza, foi gobernada pola dinastía Banū Ġāniya ata que ‘Abd Allāh ibn Ishāq ibn Gāniya a perdeu no enfrontamento co califa al Nāsir.