Malthus, Thomas Robert
Malthus, Thomas Robert
Economista e demógrafo británico. Fundamentalmente empirista, foi considerado un dos fundadores da escola clásica xunto con Adam Smith e David Ricardo. A súa teoría da poboación reflectida en An Essay on the Principle of Population as it Affects the Future Improvement of Society (1798) defende que mentres a poboación aumenta en progresión xeométrica, os recursos para mantela, fano en progresión aritmética. Atacou o concepto do aforro e afirmou que había un equilibrio entre a capacidade de produción e o desexo de consumo e propugnou programas de obras públicas para reducir os efectos das depresións na obra Principles of Political Economy Considered with a View to their Practical Application (1820).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Dorking -
Deceso
Lugar : Bath