Malva

Malva
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas, da familia das malváceas, que presentan follas simples palmatinervadas, flores pentámeras púrpuras, rosadas ou brancas e froitos en esquizocarpo. En Galicia están presentes as especies M. sylvestris e M. nicaeensis.