Man, Paul de
Filólogo e crítico literario. Foi profesor de teoría literaria na Universidade de Cornell (1960-1966), na Johns Hopkins (1967-1970) e en Yale (1970-1983), e colaborou en xornais de Bruxelas como Le soir e Het Vlaamsche Land. Opúxose a Hitler, á invasión alemá de Bélxica e ao antisemitismo. Vinculado ao Grupo de Yale, o seu pensamento de corte postestruturalista e deconstrucionista influíu na crítica literaria da época, e introduciu o concepto de “indecibilidade” do texto. Publicou Blindness and Insight. Essays in the rhetoric of contemporary criticism (1971), Allegories of reading. Figural language in Rousseau, Nietzsche, Rilke and Proust (1979), The rhetoric of romanticism (1984), The resistance to theory (1986) e Critical writings, 1953-1978 (1989).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Antwerp, Bélxica -
Deceso
Lugar : New Haven, Connecticut