Man Negra
Man Negra
Sociedade secreta militar serbia, fundada en 1911 para liberar os eslavos do S da dominación do Imperio Austro-húngaro e de Turquía, e formar unha federación iugoslava baixo a hexemonía de Serbia. Acusárona do asasinato de Francisco Fernando de Habsburgo en Sarajevo (1914).