Man Común
Man Común
[PUBLIC]
Revista publicada na Coruña a partir de maio de 1980. Cesou en maio de 1981. Dirixida por Antón Graciño Barral, subtitulouse “Revista galega mensual de información xeral” e foi editada por Edicións do Rueiro en Euskadi e do Castro (Sada). Promovérona xornalistas galeguistas, progresistas e independentistas que pretenderon iniciar un novo xornalismo en Galicia.