man
(< manu)
-
s
f
-
[ANAT]
Parte terminal do brazo, que comprende o carpo, metacarpo e cinco dedos. O dedo groso, ou polgar, diríxese oblicuamente cara ao exterior, e os outros dedos son paralelos entre eles e o eixe da man. É un órgano importante do tacto, e é prénsil, coa posibilidade de opoñer o polgar aos outros dedos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ó vilán danlle o pé e agarra a man. Mans frías, corazón quente, namoro de repente. Boca de mel e mans de fel. Unha man lava a outra e as dúas lavan a cara. Que non saiba a man dereita o que fai a esquerda. Quen espera a man allea, mal xanta e peor cea. Tirar a pedra e esconder a man é cousa de vilán. Nin un dedo fai a man nin a andoriña fai verán. Mal anda o paxariño na man do meniño. Da man á boca pérdese a sopa.”.
-
[ZOOL]
Calquera das extremidades anteriores dos animais cuadrúpedes.
-
[ZOOL]
Extremidade posterior dos mamíferos que ten o polgar opoñible aos outros dedos.
-
[ANAT]
-
s
f
Trompa do elefante, especialmente o extremo prénsil.
-
s
f
Conxunto de cinco cadernos de papel que constitúen a vixésima parte dunha resma.
-
s
f
Lado dereito ou esquerdo con respecto de algo ou alguén.
-
s
f
Aptitude ou destreza dunha persoa para facer certas cousas.
Ex: Miña nai ten moita man para os doces.
Sinónimos: habilidade, maña. -
s
f
Control sobre algo ou alguén.
Ex: Deixo isto na túa man.
-
s
f
Intervención ou participación de alguén nalgunha cousa.
Ex: Nótase a man dun experto neste traballo.
-
s
f
Posesión de algo.
Ex: Os seus bens pasaron a mans do estado.
-
s
f
Capa de diversos materiais, especialmente pinturas e vernices, que se aplica de cada vez sobre unha superficie.
Ex: Falta darlle a última man de pintura á parede.
-
s
f
Mango ou empuñadura de certos apeiros.
Ex: Se non colles o coitelo pola man pódeste cortar.
-
s
f
Cantidade grande dunha cousa.
Ex: Teño unha man de cousas que facer.
Sinónimos: chea, manchea. -
s
f
[XOGO]
-
Xogada parcial de cada partida, xeralmente nos xogos de sobremesa.
Ex: Perdemos esta man pero a seguinte gañámola.
-
Xogador ao que lle toca repartir as cartas e ao que lle corresponde xogar primeiro nunha xogada.
-
-
man de obra
[ECON]
-
Traballo físico incorporado a un proceso de produción.
-
Totalidade de obreiros asalariados dun sector ou país determinados. A análise do seu volume e da súa cualificación, xunto coa súa distribución entre os diferentes sectores económicos, é un dos indicadores do grao de desenvolvemento do país.
-
-
man invisible
[ECON]
Conxunto de xente armada que fai cumprir o que ditamina o xuíz.
-
mans libres
[DER]
Concepto introducido por Adam Smith e adoptado pola escola clásica. Designa a regulación espontánea, orde natural, que se acada no funcionamento da economía e da sociedade en xeral se non se produce a intervención estatal e se se permite que os individuos actúen conforme o principio de obtención do máximo beneficio individual.
-
mans mortas
[DER]
Posuidores de bens de todo tipo que, por prescrición legal, é posible enaxenar.
-
regra da man dereita
[FÍS]
Posuidores de bens de todo tipo que, por prescrición legal, non poden enaxenar. A lexislación de orixe medieval prohibía a venda dos bens posuídos ou adquiridos por determinado tipo de propietarios. Tratábase dos posuidores de bens comunais, propios e colectivos, dos grandes propietarios de orixe aristocrático, que transmitían as súas propiedades de pais a fillos, e da Igrexa. Existían tamén as mans mortas de carácter fundacional que incluían diversos tipos de institucións eclesiásticas, como as capelanías ou as obras pías, e laicas, como os hospitais e as confrarías. A abundancia de bens amortizados causaba importantes prexuízos ás finanzas públicas e á economía, o que determinou a aparición de medidas prácticas durante o s XVIII que, mediante o proceso de desamortización, desposuían as mans mortas do dominio dos bens que acumularan, e coa aprobación da desvinculación de patrimonios eliminaban a prohibición de vendelos.
-
Regra que indica a dirección dun campo magnético producido por unha corrente eléctrica, segundo a que se o dedo polgar da man dereita se sitúa na dirección da corrente eléctrica, a dirección do campo magnético vén dada pola posición dos outros dedos ao rodear o fío condutor. OBS: Tamén se denomina regra do tirarrollas.
Frases feitas
-
2 Tomado directamente do orixinal.
-
A dúas mans. Empregando simultaneamente as dúas mans.
-
Á man 1 Manualmente, sen axuda de máquinas.
-
Botar man de. Acudir a algo ou alguén en caso de necesidade.
-
Caer nas mans de alguén. Quedar baixo o dominio de alguén.
-
Chegar ás mans. Pegarse despois dunha forte discusión.
-
Coller coas mans na masa. Sorprender a alguén nunha situación comprometida.
-
Coñecer como a palma da man. Coñecer perfectamente.
-
Da man de. Por medio de.
-
Da man para o pé. De súpeto.
-
Escapar/Irse algo da man. Perder o control de algo.
-
Estar en boas mans. Estar baixo protección.
-
Estar en mans de. Estar baixo o poder de alguén.
-
Írselle a man a alguén. Excederse.
-
Man de ferro/dura. Rigor excesivo.
-
Na volta da man/No virar da man. Rapidamente
-
Non ter mans a medir. Non dar feito.
-
Pano de man. Pano que se leva no peto.
-
Pasar a man polo lombo. Loubar.
-
Pedir a man. Pedir en matrimonio.
-
Poñer as mans en asas. Colocar as mans na cintura.
-
Ser man de santo. Ser un remedio eficaz.
-
Ter a man moi agarrada. Ser tacaño.
-
Ter de man. Ter a alguén da parte dun.
-
Traer nas mans a un. Tratar a alguén con moito afecto e atención.
-
Untar as mans. Subonar.
-
Vai na man se o levan. Expresa a rapidez coa que se remata un traballo se hai gana de facelo.
-
. Non lle parar a man no bolso. Ser un malgastador.
-
2 Debuxo que se fai sen ningún tipo de instrumento.
-
2 Intervir nun asunto.
-
2 Preto.
-
A man alzada 1 Votación que se fai levantando a man.
-
A man armada. Con armas.
-
Botar a man na silveira coa man allea. Sementar discordia.
-
Botar as mans á cabeza. Asombrarse.
-
Botar unha man. Axudar.
-
Chocar/Dar a man. Saudar ou felicitar a alguén apertándolle a man.
-
Coas mans atadas. Sen libedade de actuación.
-
Cunha man diante e outra detrás. Sen recursos.
-
De man. Portátil.
-
De primeira man 1 De estrea.
-
De segunda man. Xa usado.
-
Deixar de man. Abandonar.
-
Entregar na man. Dar algo personalmente a alguén.
-
Lavar as mans. Desentenderse de algo.
-
Levantar a man. Ameazar a alguén con pegarlle.
-
Levar entre mans. Tratar algún asunto.
-
Man a man. Entre dous.
-
Man aberta. Xeneroso.
-
Meter man 1 Sobar a alguén.
-
Poñer mans á obra. Empezar a traballar.
-
Ter a man lixeira/aberta/levantada. Estar sempre disposto para pegar.
-
Ter boa man. Ter certa habilidade para facer algo.
-
Ter man de algo. Termar dalgunha cousa.
-
Ter man de mestre. Dar o toque final e definitivo a algo con calidade.
-
Ter man esquerda. Ter habilidade e diplomacia.
-
Ter mans de araña/de cristal/de manteiga. Ter mans que deixan caer con facilidade as cousas que agarran.
-
Ter mans limpas. Ser honrado.
-
Ter nas mans a alguén. Ter a alguén dominado.
-
Vir á man. Acadar algo sen pedilo.
Refráns
- A man de todo ten mano
- A man para todos ten mano