chea
chea
(
-
s
f
Aumento do caudal dunha corrente de auga, principalmente dun río. Na tradición recóllense refráns como: “Cando os regos teñen chea, nunca limpa a auga levan. Val máis unha chea que vinte/cen lambizos”.
Ex: Houbo unha nova chea do río ó seu paso por Caldas de Reis.
Sinónimos: enchente, riada. -
s
f
Exceso ao comer.
Ex: Collín unha chea na cea á que fomos.
Sinónimos: enchente, farta, pancha. -
s
f
Exceso ao beber.
Ex: Vinos os dous cunha chea que case abaneaban.
Sinónimos: bebedeira, bebedela, borracheira, chispa. -
s
f
Abundancia de algo. OBS: Nesta acepción emprégase antecedido do artigo indeterminado. Ex: Nesta rúa sempre hai unha chea de coches mal aparcados.
Ex: Nesta rúa sempre hai unha chea de coches mal aparcados.
Frases feitas
-
Ás cheas. De forma abundante.