chispa
(
-
s
f
-
Partícula incandescente que se desprende dun corpo en combustión ou de dous corpos duros fretados fortemente.
Ex: Ó bater co martelo no cravo de aceiro saían chispas. Ó lonxe víanse as chispas que botaban os foguetes.
Sinónimos: faísca. -
Fulgor que desprende esta partícula.
-
-
s
f
-
[FÍS]
Descarga brusca e transitoria, de curta duración, que se produce entre dous condutores ou dous electrodos suficientemente próximos, situados nun gas ou no aire, entre os que existe unha elevada diferenza de potencial. Vai asociada a un desprendemento súbito dunha cantidade considerable de enerxía, que se manifesta pola produción de luz, calor e ruído. Caracterízase por unha ionización intensa do gas ao longo do camiño da descarga e por unha forte excitación dos electróns máis exteriores do átomo, feito que produce unha radiación de frecuencias características no espectro atómico.
Sinónimos: chispazo. -
Fulgor que produce esta descarga.
Sinónimos: chispazo.
-
[FÍS]
-
s
f
Brillo ou resplandor que produce algunha cousa. Ex: Tiña unha chispa nos ollos que engaiolaba a todos.
Ex: Tiña unha chispa nos ollos que engaiolaba a todos.
-
s
f
Gracia ou enxeño que teñen algunhas persoas ou cousas. Ex: É unha persoa con moita chispa e sempre ten unha solución para todo. O regalo tiña chispa e engaiolou o rapaz.
Ex: É unha persoa con moita chispa e sempre ten unha solución para todo. O regalo tiña chispa e engaiolou o rapaz.
-
s
f
Estado que presenta alguén cando bebeu alcol en exceso.
Ex: O seu home chegaba cunha boa chispa todos os días.
Sinónimos: bebedeira, bebedela, borracheira, cagallón, charamuza, chea.
Frases feitas
-
Botar chispas. Estar moi enfadado. As cousas non lle saían como pensaban e estaba que botaba chispas.
-
Ser coma unha chispa. Ser unha persoa moi lista e aguda.
-
Ter mala chispa. Ter mal xenio.
-
Viño de chispa. Aplícase ao viño de boa calidade que ao botalo nunha copa burbullea.