Chispa, La

Chispa, La

Publicación mensual que xurdiu en febreiro de 1976 en Ourense e que levaba por subtítulo “Orgao das CC OO ourensáns”. Desapareceu na súa quinta edición. A redacción era bilingüe, con predominio do galego. Na cabeceira levaba o titular de “Chispa”, e presentaba un parafuso no medio da última letra. Cada exemplar informaba sobre as actividades que levaba a cabo o movemento obreiro, tanto en Ourense coma no resto de España.