faísca

faísca

(< xerm falaviska)

  1. s f

    Partícula lixeira e incandescente que se desprende dun corpo que arde ou da fricción de dous corpos.

    Sinónimos: charamela, charamona, charamusca, charamuza, moxena, muxica. Confrontacións: chispa.
  2. s f

    Porcións de auga conxelada que caen cando neva.

    Sinónimos: falopa, farrapo, felepa, folerpa.
  3. s f

    Folla seca do piñeiro.

    Sinónimos: agulla, candea, charamela, esca, frouma, penica, fiúza.
  4. s f

    caspa.

Palabras veciñas

Faisalabad | faisán | Faisáns, Illa dos | faísca | Faísca, A | faiscante | faiscar