farrapo

farrapo
  1. s m

    Anaco de tea roto, sucio e moi gastado.

    Ex: Esa camisa que atopaches parece un farrapo.

    Sinónimos: aldraxe, bandallo, cerello, fargallo, galdrapo, trapallo, trapo.
  2. s m

    Peza de roupa vella, sucia e moi esfiañada.

    Ex: Vestiuse con farrapos para ir á festa.

    Sinónimos: aldraxe, fargallo, galdrapo.
  3. s m

    Cada un dos anacos pequenos en que cae a neve.

    Ex: Cando nos levantamos caían farrapos sobre os cumes das montañas.

    Sinónimos: cerello, fargallo, folerpa.
  4. s m pl

    Flocos que colgan e adornan o roncón e o fol da gaita.

Frases feitas

  • Farrapo de gaita. Expresión despectiva que se emprega para indicar o pouco aprecio que se lle dá a algo ou a alguén, ou para indicar que unha cousa non debe nin sequera terse en conta.

  • Andar feito un farrapo. Andar vestido con roupa vella e esfiañada.

Formas incorrectas

zarrapo