trapo

trapo

(< lat v drappu ‘pano’)

  1. s m

    Anaco de tea gastado e roto.

    Sinónimos: farrapo.
  2. s m

    Anaco de tea que se usa na limpeza da casa.

  3. s m

    Conxunto de velas dunha embarcación.

  4. s m [PROTISTA]

    Alga feófita co talo coriáceo de cor olivácea ou acastañada, que se divide de xeito dicotómico en cintas, presentan un nervio central e as marxes con forma de serra. Vive nos niveis infralitoral e mesolitoral das costas semiexpostas ou protexidas.

Frases feitas

  • Poñer (a alguén) como un trapo. Insultar ou ofender a alguén. Ex. O xogador puxo ao árbitro como un trapo

  • .

Palabras veciñas

trapezoide | Trapezonte | trapista | trapo | Trappe, La | traque | traquea