traquea

traquea

(

  1. s f [ANAT]

    Tubo composto por tecido cartilaxinoso e membranoso, que vai desde a larinxe ata os bronquios, cuxa función é enviar o aire cara aos pulmóns.

  2. s f [BOT]

    Conxunto de vasos leñosos abertos, alongados e dispostos un detrás do outro, que poden alcanzar varios metros de lonxitude e practicamente só se atopan nas anxiospermas.

  3. s f [ZOOL]

    Cada un dos tubos, propios dos arácnidos, os insectos e os miriápodos, que se abren na rexión neutral por un orificio ou estigma e que constitúen no seu conxunto o aparato respiratorio destes animais.

Palabras veciñas

trapo | Trappe, La | traque | traquea | traqueado -da | traqueal | traqueida