checa
(
-
s
f
[HIST]
Comité da policía secreta da Rusia soviética ou Chrezvichainaia Komissia (Črezvyčajnaja Komissija ‘comisión extraordinaria’), organizado por Lenin en 1917, como substituta da antiga okhrama zarista. Controlaba os movementos contrarrevolucionarios ou desviacionistas e tiña poder e control absoluto sobre os cidadáns. Relevouna en 1922 a GPU, unha organización de policía máis estable.
-
s
f
[HIST]
Grupos de seguridade creados polos partidos e sindicatos de esquerda trala sublevación militar do 18 de xullo de 1936 que deu lugar á Guerra Civil española. O seu labor confundiuse a miúdo co dos servicios policiais do goberno da República, sobre todo cando esta estivo controlada polos comunistas. Na organización destes grupos tivo un papel destacado Aleksander Olov, xefe do Comisariado Popular de Asuntos Internos (NKVD) en España, quen logrou convertelos en grupos de persecución de disidentes antiestalinistas.
-
s
f
[HIST]
Prisión ou local empregado pola policía política, especialmente comunista, para recluír os cidadáns e realizar interrogatorios co emprego da tortura.