enchente

enchente

(

  1. s f

    enchedela.

  2. s f

    Indixestión ou empacho causado por comer e beber moito.

  3. s f

    Crecida dun río, torrente ou calquera outro curso de auga.

    Ex: As fortes chuvias provocaron a enchente do Lérez.

    Sinónimos: aluvión, chea, riada. Confrontacións: desbordamento.
  4. s f

    Fase da marea en que as augas alcanzan o nivel máis alto.

    Ex: Esperaron pola enchente para botar o barco ó mar.

    Antónimos: devalo, baixamar. Confrontacións: preamar.
  5. s f [ASTRON]

    Fase da lúa crecente.

    Ex: Sementou na enchente da Lúa.

    Sinónimos: crecente. Antónimos: devalo, minguante.
  6. s f

    Gran cantidade de algo.

    Ex: Pola rúa baixaba unha enchente de xente.

    Sinónimos: chea.

Palabras veciñas

enchedela | enchedoiro -ra | enchedura | enchente | encher | enchilada | enchispar