crecente
crecente
(< crecer)
-
adx
Que crece ou aumenta por graos.
Ex: As persoas experimentan un aumento crecente da altura dende hai uns anos. A súa crecente carraxe provocou a pelexa.
Sinónimos: ascendente. Antónimos: decrecente. -
adx e s
m
[ASTRON]
Aplícase ao espazo de tempo que transcorre entre a lúa nova a lúa chea.
Ex: Os ditos populares recomendan cortar o pelo no cuarto crecente para que medre máis axiña. Sementou o alcouve no crecente e vanlle grelar as leitugas.
Sinónimos: abalo, enchente. Antónimos: devalo, minguante. -
s
m
[ASTRON]
Aspecto que presenta a Lúa cando só se ve iluminada a cuarta parte do disco.
Ex: Onte pola noite a Lúa estaba no crecente.
Sinónimos: abalo, enchente. Antónimos: devalo, minguante. -
s
m
[HERÁLD]
Figura que representa a Lúa en cuarto crecente colocada coas puntas cara ao xefe no campo do escudo.