Manacor

Manacor

Municipio de Mallorca, Illes Balears (31.255 h [2001]). En agricultura destacan os cultivos de herbáceas, froiteiras e amendoeiras, e a gandería predominante é a ovina. A industria especializouse na fabricación de mobles e perlas de imitación, das que as Majòrica constitúen un dos primeiros produtos industriais de exportación. O turismo desenvolveuse grazas á popularidade das covas de Drac e Hamso e implicou a urbanización de boa parte da costa.