Manchester

Manchester

Capital do condado homónimo, Inglaterra, Reino Unido, situada á beira do río Irwell (431.100 h [1999]). A súa principal actividade é a industria téxtil algodoeira. Centro comercial na Idade Media e de importación de algodón no s XVII, converteuse na capital da industria téxtil a finais do s XVIII. O seu desenvolvemento foi un exemplo das transformacións sociais da Revolución Industrial. A súa burguesía liberal promoveu na metade do s XIX, movementos políticos e sociais. Foi, por outro lado, escenario de desordes sociais, capital do cartismo, precursora do socialismo británico e centro de movementos cooperativistas e sindicais. Despois de 1838, asumiu o título de cidade e liderou o campo das reformas sociais. Do seu patrimonio cultural destaca a colexiata e o Chetham’s Hospital (s XV).