mandado -da
mandado -da
(< mandar)
-
p reg
de mandar.
-
adx
Que fai o que lle mandan de maneira dilixente e satisfactoria.
Ex: Este rapaz traballa moi ben, é moi mandado.
Sinónimos: obediente. -
s
Persoa que traballa baixo ordes e non por iniciativa propia.
Ex: Eu non podo tomar decisións, son un mandado.
-
s
m
-
Encargo ou orde dada a unha persoa.
Ex: Foi facer uns mandados.
Confrontacións: mandato. -
[DER]
Orde dunha autoridade xudicial ou administrativa que ten carácter obrigatorio.
Ex: Chegoulle un mandado xudicial.
-