mandato

mandato

(< lat mandātu)

  1. s m

    Encargo ou orde que se dá a unha persoa. OBS: É unha palabra máis culta que mandado, aínda que os seus significados sexan case iguais.

    Sinónimos: encarga, encarga.
  2. [DER/POLÍT]
    1. s m

      Autorización que unha persoa dá a outra para que a represente nuns actos concretos e durante un tempo determinado.

    2. s m

      Tempo que dura esa autorización.

    3. mandato representativo

      Posición xurídica dos parlamentarios pola que representan a unha nación ou a un pobo no seu conxunto e na que os electores non poden revocarlles o mandato nin dar instrucións concretas mentres dure a lexislatura.

  3. s m [HIST]

    Documento empregado polos soberanos medievais para transmitir ordes sen a solemnidade doutros documentos diplomáticos.

  4. s m [DER]

    Tutela que exercía un estado sobre certos territorios por concesión da Sociedade de Nacións e baixo a súa vixilancia. Creado polos tratado de paz de 1919, a Organización das Nacións Unidas substituíno polo fideicomiso.

  5. s m [RELIX]

    Cerimonia do lavatorio dos pés a doce persoas o día de Xoves Santo, para conmemorar a acción de Xesús Cristo.

Palabras veciñas

mandarinato | mandarineiro | mandatario -ria | mandato | Mandaue | mandé | mandeísmo